Noraboa polo voso traballo, aquí tedes un pequeno resumo do que fixestes o curso pasado durante o confinamento!👏👏
Aquí tes propostas moi diversas para xogar, experimentar, tocar, investigar ou incluso repasar linguaxe musical. Os contidos novos levarán este símbolo: 💥Procura acceder a todos os enlaces.
Xoga e Experimenta coa música:
👆Música entre cartóns "Little Boxes - Walk off the earth"
👆Repetimos coa Caixa de Ritmos
👆Cociña musical
👆Música en galego
👆Bailamos no salón con "Pesdelan"
👆 Elixe a túa combinación en Bb, moita música
👆Xogo "Exploradores do son"
👆Toca coa "Banda dos Minimops"
👆Fai a túa propia frauta!
👆Karaoke das cancións do último disco de "A Gramola Gominola"!
👆"Yanny ou Laurel?" curiosidades do son
👆Música en 8D! Pon os auriculares e a voar!
👆Xogo coas notas
👆Facemos un pau de choiva?
👆Incredibox
👆Laboratorio de música
👆O teclado do ordenador é un instrumento!
👆Aquí combina imaxe e son pulsando o teclado
👆Instrumentos virtuais
👆Constrúe o teu propio instrumento 1
👆Constrúe o teu propio instrumento 2
Tocamos a frauta?
👆Comezo coa frauta!
👆Posicións e cancións
👆Toco SI LA SOL
👆Desafío con SI LA SOL
Linguaxe musical
👆Repetimos con vasos TA e TITI
👆Repetimos TA,TITI e SHHH con Turquía
👆Xogamos con TA e SHHH 2
👆Repetimos? TA e TITI
👆Xogamos con TA e TITI
👆Xogamos con TUU, TA e TITI
👆Xogamos con TUU TA TITI e SHH
👆Xogo desafío con TUU, TA, TITI e SHH
👆Xogo con MI SOL LA
👆Xogo con MI FA SOL LA
👆Xogo con todas as notas
👆Símbolos de linguaxe musical (algúns son novos)
👆Repaso de notas musicais
👆Repaso de figuras e silencios
Outras propostas de actividade:
1ª PROPOSTA
Apetécevos facer algún instrumento caseiro e ensinárnolo? Podedes usar os enlaces que propoño, outros enlaces, inventalo vos mesmos...creatividade ao poder!
Apetécevos facer algún instrumento caseiro e ensinárnolo? Podedes usar os enlaces que propoño, outros enlaces, inventalo vos mesmos...creatividade ao poder!
2ª PROPOSTA
A música transpórtanos a outros lugares imaxinarios, se pechamos os ollos viaxamos a lugares descoñecidos e inventamos cousas novas!
Pois aquí vai a proposta desta semana:
1º Escoita esta canción de " A Gramola Gominola" varias veces e con atención.
2º Escolle un ou varios versos da canción que che gusten.
3º Escríbeos nun folio e debuxa o que a canción che fai imaxinar para que os demais o poidamos ver. Podes usar a técnica que prefiras "collage", cores, rotus...xa sabes, imaxinación ao poder!
A música transpórtanos a outros lugares imaxinarios, se pechamos os ollos viaxamos a lugares descoñecidos e inventamos cousas novas!
3ª PROPOSTA
Como xa sabedes a música bríndanos moitísimas posibilidades para entreternos e divertirnos, aí vai unha ben chula:
Trátase de bailar cos nosos zapatos, pero dunha maneira especial...
Mira este vídeo xa verás que ben o explica,se queres a música por separdo pulsa aquí.
4ª PROPOSTA
-Elixe a túa canción favorita. Deixovos esta lista de cancións por se vos axuda. Tamén podedes entrar no enlace de Radio Picariña da CRTVG.
-Escribe nun folio o nome do grupo e o título da canción. Se queres podes escribir porque che gusta tanto e facer un debuxo que a represente.
-Compártea con nós, así todas e todos teremos moitas propostas para escoitar cousas novas!
5ª PROPOSTA Cando chega maio poñémonos moi contentos porque a natureza desperta e as plantas e árbores florecen. Para celebralo facemos "os maios", esas construcións vexetais tan bonitas, e cantamos e bailamos ao redor del coma nesta foto:
A miña proposta é:
-Debuxa ou fai o teu maio
-Busca algunha canción ou copla que se cante relacionada cos maios. Se non atopas ningunha, tes unha proposta ao principio da páxina.
6ª PROPOSTA
Que vos parece se facemos un baile de xeonllos para abaixo? si si, liches ben! mira neste vídeo e xa verás que coreografía máis chula che pode quedar. Aquí tes a música.
-Fíxate nas partes da música, só hai tres diferentes. É máis fácil do que parece.
-A primeira parte, ou parte A repítese tres veces exactamente igual.
-A segunda parte, ou parte B soa só unha vez.
-A terceira parte, ou parte C tamén soa só unha vez.
-A orde quedaría así: ABACA
Atréveste a probar? podes disfrazar as túas pernas como ti queiras, xa sabes, imaxinación ao poder.

Ningún comentario:
Publicar un comentario